top of page

A traxectoria profesional abrangue diversos campos artísticos dos que cabe salientar o traballo de investigación na propia obra visual contemporánea  e a faceta de deseñadora  e ilustradora que compaxino coa formación a través de cursos e talleres. Actualmente dirixo o ‘Estudio de arte / Escola creativa de debuxo e pintura’ no Concello de Teo. Dos traballos editoriais  destacan algunas colaboracións con Sotelo Blanco Editora, Alvarellos Editora, Deputación de Lugo, Deputación de Ourense, Auga Editora, La Voz de Galicia, Edicións do Castro. Como deseñadora en productoras de cine e teatro, VICI Produccións, Faro Produccións, CDGA. Na didáctica artística  colaboracións co CAFI, a Consellería  de Educación, Consellería de Xuventude e Voluntariado e  entidades públicas e privadas como Concellos e centros de arte.

bottom of page