
Estudio de Arte
Travesía de Cacheiras, 35 -Teo- Teléfono 617371766
escola creativa de debuxo e pintura
Desenvolvemento da creatividade e aprendizaxe das técnicas artísticas
A relación da arte visual coa literaria é unha constante na investigación da obra de Ana Costas: a poesía visual, as metáforas do tempo, o espazo heterotópico, a memoria feita fume... todo deriva na muller como estudo fenomenolóxico. O contido e o continente teñen a mesma relevancia, son a mesma cousa... o observador e o observado: O obxecto é a propia mensaxe. Cabe salientar o enfoque dende o que investiga o seu traballo de estudio cunha perspectiva comprometidamente contemporánea e a fórmula coa que resolve a faceta ilustrativa, concebindo ésta última como oficio adaptado a unhas necesidades formais supeditadas a un texto. Os soportes tanxibles son diversos, dependen da mensaxe e o contexto. Existen elementos e imaxes recurrentes como as 'Lolitas pallasas', 'A lebre', a cera, as transparencias e as posibilidades plásticas da luz coma obxecto.














